Pasaba das cinco da tarde deste xoves cando o 112 Galicia recibiu varias chamadas por un vehículo que se saíu da vía e bateu contra o peche dunha fonte na Rúa da Torre, en Vimianzo.
Sen embargo, os alertadores coincidían en sinalar que quen conducía o turismo podía estar a sufrir unha indisposición -tipo infarto-, que lle fixera perder o control do coche.
Finalmente, esta persoa non superou a crise e faleceu.
Con todo, activouse un amplo operartivo composto por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que organizou a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago, Bombeiros de Cee e axentes da Policía Local.
Malia os esforzos, a persoa faleceu e agora serán os servizos xurídicos quen realicen as probas determinantes en canto ás causas do pasamento.