7
A ferida foi trasladada ao Hospital de Ourense. Foron os servizos sanitarios os que, minutos antes das 23 horas do venres, alertaron ao 112 Galicia dun accidente de quad na estrada de Freande, preto da zona da piscina. No vehículo viaxaban dúas persoas, e o condutor permanecía inconsciente. Á súa chegada, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento deste, un home de 37 anos, mentres que a súa acompañante, da mesma idade, foi evacuada ao hospital en ambulancia. No operativo colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Laza.