Unha persoa faleceu esta mañá, despois de ser alcanzada por un tren de pasaxeiros que circulaba á altura do paso a nivel de Rábade, moi preto da estación desta localidade.
Ao fío das 11:00 horas deste luns, o persoal de ADIF alertaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia do sucedido. Ata ao lugar desprazáronse de inmediato, tras recibir o aviso do 112 Galicia, os servizos sanitarios do 061, os axentes da Garda Civil e a Policía Local. Ademais, deron conta do sucedido aos Bombeiros de Vilalba, por se fose precisa a súa intervención.
Persoal de ADIF confirmou ao 112 Galicia que a circulación férrea xa está restablecida nese tramo. Ademais, os dous pasaxeiros que viaxaban no convoi foron trasladados ao seu destino en vehículos alternativos.
Polo momento, as Forzas da Orde tratan de esclarecer as causas do suceso.