Unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Camariñas | Atendidas cinco máis noutro sinistro en Aranga

1 minutes read

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron mobilizados na tarde noite deste pasado xoves por un accidente de tráfico cunha persoa atrapada na AC-432, concretamente no punto quilométrico 15, á entrada de Camariñas.

O aviso deuno o 112. Á chegada dos bombeiros ao lugar do incidente, a persoa que ía no vehículo xa estaba fóra do mesmo sendo atendida nunha ambulancia para ser trasladada, posteriormente, ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Os bombeiros colaboraron na regulación do tráfico e na limpeza da vía. No operativo tamén participaron Garda Civil de Tráfico de Corcubión, Protección Civil de Camariñas e o 061 de Vimianzo.

Cinco persoas feridas nun accidente de tráfico na A6, ao seu paso polo concello de Aranga

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos desprazáronse na mañá deste venres ata o punto quilométrico 541 da A6, ao seu paso polo concello de Aranga en dirección Lugo, por un accidente de tráfico no que resultaron feridas cinco persoas. As vítimas foron trasladas a un centro hospitalario para ser atendidas das lesións que presentaban.