Nada se puido facer por salvarlle a vida. O suceso ocorreu uns minutos despois 14:00 horas deste martes. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha persoa quedara atrapada debaixo dunha pa xiratoria despois de que envorcase en Loureiro, na parroquia de Martín.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiña constancia e mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto. Tamén acudiron os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Baleira.
Unha vez chegaron os medios ata o lugar do suceso, só puideron confirmar o falecemento da persoa. Arestora atópanse traballando para liberar ao falecido.