Unha persoa resultou ferida tras sufrir unha saída de vía na Laracha

O 112 Galicia tivo constancia desta saída de vía pouco antes das 22 horas do xoves: o coche chocara contra un valado no Portodoso, Soandres (A Laracha), e a persoa implicada permanecía no interior, inconsciente.

De inmediato, ata o lugar desprazáronse os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Carballo, Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil da Laracha.

Os bombeiros valoraron a situación e comprobaron que non era necesario excarcerar á persoa implicada, que foi evacuada ao hospital en ambulancia.

Related posts

O BNG de Corcubión discrepa coas declaracións destos últimos días dos partidos da oposición

Novos programas de participación social na Costa da Morte, da man de Íntegro

Vieiro continúa reforzando o seu compromiso coa prevención a través do programa ‘Odisea’