Unha persoa tivo que ser excarcerada tras saírse da vía co seu coche en Mazaricos

1 minutes read

Ao fío das 17:15 horas deste domingo, un particular alertou ao 112 Galicia de que un coche acababa de saírse da vía no quilómetro 67 da AC-400, nas Maroñas. O vehículo foise contra un valado e deu varias voltas de campá, e o seu único ocupante permanecía atrapado no interior.

De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

Os bombeiros tiveron que cortar o teito e retirar unha das portas do vehículo para sacar á persoa, que foi finalmente trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios.