Unha persoa tivo que ser trasladada logo dunha saída de vía en Outes

1 minutes read

No vehículo había outro pasaxeiro que resultou ileso. Unha chamada dun particular alertou ao 112 Galicia dunha saída de vía na AC-400, no quilómetro 78, á altura de Valadares. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia transmitiuse a información ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao igual que aos Bombeiros de Boiro, GES de Noia, Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Outes.

Xa desde o lugar do accidente, a propia Policía Local informaba de que os pasaxeiros do vehículo estaban liberados, aínda que un deles estaba ferido, polo que tivo que ser trasladado ata o hospital de referencia.

Por último, os membros do GES de Noia permaneceron no lugar á espera dun guindastre que puidese retirar o coche accidentado para, posteriormente, realizar diversas labores de limpeza na estrada.