Unha picadura de avespa provoca a saída da vía dun camión en Salceda de Caselas

0 minutes read

O condutor do vehículo sufriu a picada do insecto e rematou batendo contra a fachada dun edificio. Os feitos sucederon na rúa de Joaquín Fernández Sestelo, ao fío das 10:30 horas deste martes.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través dunha persoa particular. Indicaba na súa comunicación que o home estaba inconsciente.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e de Protección Civil. Cómpre sinalar que o condutor do camión foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.