O Túmulo de Barro, unha tumba neolítica de 6.000 anos de antigüidade situada en Santa Mariña do Loureiro, no concello do Irixo (Ourense) ficou totalmente destruída por mor duns traballos forestais para a plantación de piñeiros. Ademais, tamén se danaron outras dúas mámoas, o Túmulo 3 e o Túmulo 4 da Bugalleira, posiblemente como consecuencia das maquinarias. As tres mámoas estaban inventariadas no catálogo de Bens Culturais de Galicia.
A actuación do Seprona, denominada Operación Sepulcrum, partiu dunha denuncia da asociación cultural e medioambiental Mámoa Verde Patrimonio.
A Garda Civil está a investigar por un presunto delito contra o patrimonio histórico a catro persoas: tres delas membros da Comunidade de Montes de Loureiro e o cuarto o operario que levou a cabo os traballos, para os que non había autorización.
