31
Un grupo de mulleres afgás desafiou ao medo que infunden os amos de Afganistán manifestándose de novo este domingo en Cabul. Con esta marcha de apenas dez minutos denunciaron a eliminación dos seus dereitos por parte dos talibáns. En Cabul só se permitirá volver ao traballo a aquelas mulleres «que sexan necesarias ou estean en postos que os homes non poidan ocupar ou que non sexan para homes», segundo Molavi Hamdullah Nomani, o talibán que ocupa o cargo de alcalde de Cabul. As demais mulleres terán que «quedarse na casa», e serán indemnizadas segundo sinalou en rolda de prensa.