27
Tras o achado da munición por parte dun mergullador deportivo na zona dos baixos de Baldaio, entre Carballo e Malpica, a Garda Civil púxoo en coñecemento da Armada. Este martes persoal do Grupo de Desactivación de Explosivos (GEDE) da Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), pertencente ao Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol (MARFER), levaron a cabo unha intervención para o desactivado dos proxectís.