Unha vitoria do Calvo Xiria podería certificar a fase de ascenso

1 minutes read

O Calvo Xiria, quere seguir na dinámica adquirida e non baixar a marcha neste tramo final de tempada. A súa visita a Vigo; para xogar con Ub Lavadores, o domingo ás 12:30, enfronta a dous equipos que marchan en zonas opostas da táboa, primeiro e último respectivamente; o Calvo Xiria só quere falar de competición, e tratará de mostrar a súa mellor versión nun partido no que os locais se xogan a permanencia e o Calvo Xiria podería certificar a fase de ascenso se pinchan os seus perseguidores. Viaxan a Vigo todos os xogadores dispoñibles; recuperando así a Edu Cousillas, Juanka e Manu Méndez, que non puideron participar no partido anterior. Por tanto, boas noticias para o cadro carballés.