O gran protagonista da xornada foi Rubén Martínez Mayo, quen obtivo o seu cuarto triunfo no Trail Curto de Lousame nas catro edicións nas que participou: 2021, 2020 e 2018. E iso que non o tivo doado, pois os atletas do Trail Curto amosaron un nivel moi superior ao de anos anteriores.Isto motivou que os primeiros clasificados rebaixaran en máis de 15 minutos o tempo promedio desta proba en anos anteriores e que, por primeira vez nas sete edicións do Trail de Lousame, o primeiro atleta en cruzar a liña de meta fose un corredor do Trail Curto.
A xornada foi moi fría e desenvolveuse sen incidencias. A pesar de que se agardaba choiva durante toda a mañá, só choveu unha media hora, coincidindo coa saída do Trail Longo. Iso fixo que os 249 atletas completaran a proba, sen que houbera que lamentar abandonos por cuestións físicas.
Os atletas Rubén Martínez Mayo (Club Atletismo Negreira) e Apolonia Bermúdez Canosa, no Trail Curto; e Roberto García González (Tribu Trail) e Fina Blanco Pena (CD 21 Leguas), no Trail Longo, foron os do Trail de Lousame 2023. Unha proba que completaron 249 atletas, dos 302 inscritos inicialmente, o que supón un incremento do 91,5% con respecto á participación rexistrada en 2022 (130 atletas).