Unidade contra a violencia por parte da Generalitat e do Concello de Barcelona


Pere Aragonés e Ada Colau mantiveron unha reunión na cal exhiben unidade institucional e rexeitan o vandalismo, máis se cabe, como este sábado, se poñen vidas en xogo. A alcaldesa de Barcelona asegurou que “como sociedade hai que dicir que a violencia nunca é o camiño”. O conseller do Interior, Miquel Sàmper, explicou que entre os últimos 15 detidos hai 7 membros do movemento anarquista, 5 deles italianos e un francés: “A capacidade de mobilización existente a día de hoxe entre os que queren exercer a violencia é cada día máis complexa”.