Unidade política contra o peche da central das Pontes

1 minutes read
  • Os alcaldes das comarcas afectadas traballan nun plan de reactivación industrial.

Traballadores das compañías auxiliares que prestan servizos na central e representantes políticos das comarcas de Ferrol, O Eume e Ortegal suman esforzos para esixir unha resposta por parte do Goberno central á situación pola que atravesa a central de Endesa. Este luns os alcaldes do norte da provincia da Coruña e tamén da Terra Chá e a Mariña Luguesa reuníronse no concello de Ferrol para empezar a traballar nunha alternativa de reactivación industrial para estas zonas.

Os colectivos afectados comezan a notar os efectos da inactividade da central. Entre os transportistas hai xa arredor de 30 despedimentos á marxe das perdas económicas que cifran arredor de dous millóns de euros mensuais. Por iso, manteñen o calendario de mobilizacións coa vista posta na folga xeral prevista para o 16 de outubro.