Unidas Podemos Laxe leva ao Congreso a súa oposición ao parque eólico Pena dos Mouros

1 minutes read

O deputado Antón Gómez Reino, a instancias do candidato de Unidas Podemos en Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, levou ao Congreso a problemática e falta de licenza social do Parque Eólico Pena dos Mouros que afecta aos municipios de Laxe, Vimianzo e Camariñas. O portavoz de Galicia en Común preguntou ao Ministerio sobre a Transición Ecolóxica se ten coñecemento deste proxecto, e pediulle unha avaliación sobre os impactos, que ocasionaría a súa posta en marcha, sobre a paisaxe, os ecosistemas e a biodiversidade. Pediu un rexeitamento ós plans da compañía eléctrica EDP Renovables S.A polas afeccións ao patrimonio natural e a economía local. Coas preguntas parlamentarias solicitou que o Congreso, no marco das súas competencias, fose garante da protección medioambiental e social na Costa da Morte.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?