O sector pesqueiro e marisqueiro galego vai desenvolver este ano 13 proxectos de recollida de lixo mariño coa participación activa de preto de 900 profesionais do marisqueo e 25 embarcacións en distintas accións que suman 120 xornadas de limpeza das costas e augas de Galicia. Así o recolle a resolución da convocatoria de axudas para este tipo de iniciativas de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a retirada de residuos no mar. As entidades beneficiarias destes proxectos de recollida activa de lixo mariño son as confrarías de pescadores do Grove, O Pindo, Pontedeume, Vilanova de Arousa, Cedeira, Vilaboa, Mugardos, Caión, Cambados, Noia, Corcubión e a Asociación de Mariscadoras Fonte de Santa Helena de Baldaio.
0