USO achega o sindicato libre e independente á Costa da Morte

1 minutes read

A Unión Sindical Obreira (USO) deu un paso máis na expansión do seu modelo sindical libre, independente e reivindicativo coa inauguración da súa nova sede en Carballo, que prestará servizo a toda a comarca de Bergantiños e, por extensión, á Costa da Morte.

O acto institucional contou coa presenza do secretario xeral confederal de USO, Joaquín Pérez da Silva, quen destacou a importancia estratéxica desta nova apertura:

«A acción sindical ten que estar onde están os traballadores e as súas necesidades. Hoxe achegamos un sindicato plural, non partidista, moderno e útil ao corazón da Costa da Morte».

Xunto a el estiveron Sergio Fernández, responsable da xestora de USO‑Galicia; Iván Blanco, secretario de Organización Estatal da FTSP‑USO; e unha ampla representación de afiliados, delegados sindicais e reponsables.

A este acto asistiron representantes políticos de Carballo e a súa bisbarra, ademáis de simpatizantes que quixeron arroupar a USO neste evento.