O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou a realización dunha proba piloto de vacinación na Cidade da Cultura, este xoves, na que están citados 1.000 cidadáns da área de Santiago, menores de 55 anos. A citación estase a facer por SMS, cunha posterior confirmación a través dunha chamada telefónica automática.
Esta vacinación dun importante número de persoas levarase a cabo o vindeiro sábado no resto de áreas sanitarias, no que se citarán a un total de 20.000 persoas.
Dada a boa evolución da situación epidemiolóxica, o conselleiro tamén anunciou que os albergues recuperan o seu funcionamento, cos dormitorios colectivos ao 30%, así como as actividades de turismo activo, como máximo 4 persoas (3 turistas e un monitor), e as clases de canto e instrumentos de vento.