Isto supón case que 125.000 máis que o ano pasado a estas alturas de campaña. Así o destacou, en rolda de prensa, José Antonio Taboada, xefe do servizo de control de enfermidades transmisibles da Consellería de Sanidade, quen sinalou, asi mesmo, que o número de vacinas rexistradas en maiores de 65 anos é de 248.834, o que supón 52.311 máis que as postas a estas alturas na campaña de 2019.
Por áreas sanitarias, o total de vacinas rexistradas ao conxunto da cidadanía galega é de 68.961 na área da Coruña; 30.277 na de Ferrol; 68.470 na de Santiago; 53.277 na de Lugo; 58.298 na de Ourense; 40.680 na de Pontevedra e 77.281 na de Vigo.
As mulleres embarazadas que xa se vacinaron acada a cifra de 3.114, mentres que o ano anterior por estas datas esta cifra era de 2.886.
Outro dato a destacar é a vacinación entre o persoal sanitario, colectivo do que xa se levan vacinadas un total de 24.799 persoas, o que supón máis de 7.000 das que o fixeran en toda a campaña do ano pasado.