24
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou a utilidade dos novos equipos adquiridos para a brigada municipal de Val do Dubra e Trazo grazas a unha achega da Xunta de máis de 84.000 euros, que permitiu a adquisición dun camión basculante con grúa, dun camión portacontedores con gancho, de 5 novos contedores e dun remolque con equipo de limpeza a presión.
No marco deste fondo, que na convocatoria deste ano conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros, o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.