Valioso empate do Calvo Xiria ante o Reconquista en Vigo, (25-25)

2 minutes read

Un encontro que se lle poñía a Reconquista de fronte nos primeiros 20 minutos, pero o empeño do Calvo Xiria por agarrarse ao partido deixou aberto o marcador camiño aos vestiarios. Para na segunda metade impoñer un mellor ritmo de xogo e lograr empatar o choque con gol de Jorge na última acción.
Os primeiros minutos de xogo foron de igualdade, atopando o camiño a gol con confianza no xogo; aínda que os descoidos defensivos foron dando vantaxe aos olívicos (minuto 10, 8 a 5) e aos poucos a defensa 6:0 de Reconquista fóiselle resistindo a un Xiria que durante 15 minutos só conseguiu perforar unha vez a portería rival (minuto 25, 12 a 6).
Conseguía dar coa tecla antes do descanso e reducir a diferenza a catro, mediante unha defensa 5;1 e abrigo a verticalidade de ataque posicional, para conseguir o camiño cara o gol.
Tras o paso por vestiarios, partido de estratexias, onde o xogo de transicións parecía a chave, tanto o balance defensivo, como o contraataque; o marcador mantiña as distancias ata que unha maior efectivadade levou de novo a distancia aos 5 goles (min 45, 21 a 16), pero os cambios deron outra vez coa tecla no Calvo Xiria, que aproveitou ao máximo todo o seu persoal.
As tarefas defensivas desenvolvidas polos xogadores brillaron e o marcador ía reducindo distancias; aínda que o Calvo Xiria non acababa de materializar todas as ocasións que tiña, o momento do encontro chegaba a falta de minuto e medio (25 a 22) e o Calvo Xiria cun xogador menos sobre a cancha. Xiria mantiña a calma; prepara xogada e consegue gol e igualdade numérica en pista. Defensa presionante e dous roubos de balón maxistrais, ben definidos ao contraataque levan o empate ao marcador para un Calvo Xiria que creu e loitou en todo momento.