20
O Concello de Cabana de Bergantiños solicita a colaboración da veciñanza para identificar ás persoas que vandalizaron con motocicletas e ‘quads’ o novo paseo do municipio. Os actos tiveron lugar durante esta pasada fin de semana e afectaron ao itinerario á altura da praia do Curro. Desde o goberno local condenan este tipo de actos «que prexudican gravemente ao patrimonio do municipio».