Variación de aforos en ximnasios e actividades deportivas

1 minutes read

O seguinte paso a dar será que a ocupación pasará en xeral ao 60% en exteriores e 40% en interiores, con independencia do nivel do concello, e na liña do aprobado no Consello Interterritorial. O DOG incluirá unha salvidade para non prexudicar aos pequenos recintos que, coa normativa vixente, tiñan autorizadas ocupacións superiores.

Na actividade deportiva non federada, incluíndo ximnasios, levarase a cabo un diálogo entre a Xunta e o sector para poñer en marcha un protocolo semellante ao da hostalería, fixando medidas independentemente da situación. E os centros cívicos sociais e sociocomunitarios, pasarán de estar pechados nos niveis máximo e alto a ter un 50% de capacidade, mentres que no medio e medio- baixo pasarán do 50 ao 75%.

“En definitiva, estas novas medidas para os distintos sectores permiten salvagardar á actividade, dar seguridade para os vindeiros meses e ir dando pasos adiante ao tempo que se mantén a seguridade sanitaria”, facendo fincapé en que o fin é buscar unha maior homoxeneidade.