O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. En torno a esa data, o Concello da Laracha desenvolve todos os anos unha programación municipal específica sobre esta temática que complementa as diferentes iniciativas, actividades e servizos que están á disposición da cidadanía de xeito continuado para loitar contra esa problemática, apoiar ás vítimas e mostrar tolerancia cero cos maltratadores.
Baixo o lema A Laracha fronte ás violencias machistas, durante as próximas semanas realizaranse diversidade de iniciativas nas que se convida a participar a toda a cidadanía, xa que haberá propostas para todos os grupos de idade.
O evento central será o propio 25 de novembro coa segunda edición da andaina A Laracha unida fronte as violencias machistas na que se convida a participar a todos os públicos. Sairá da Praza do Concello ás 16:30 horas, lugar no que tamén está fixado o punto de regreso tras percorrer unha distancia de cinco quilómetros pola senda peonil A Laracha-Cabovilaño.
Actividades 25N A Laracha:
