Varios alcaldes da Coruña e Lugo reclaman solucións para a central das Pontes

1 minutes read
  • Xa son máis de catro meses sen actividade que empezan a pasarlle factura a unha comarca que vive en boa medida desta empresa.

Os alcaldes de Ferrolterra, do Eume e tamén da Terra Chá reuníronse este mércores para reclamar solucións.

Valentín González Formoso. Alcalde das Pontes: «iniciamos unha reclamación conxunta de toda a comarca ao Goberno central e comunitario porque unha instalación que se está adaptando á normativa europea e con 900 empregos directos afectados, non poden facer o disparate de tela parada».

Os transportistas do carbón son os primeiros en mobilizarse, e, como primeira medida, empezarán unha serie de encerros nos concellos.

Manuel Bouza. Voceiro dos Transportistas do carbón: «Imos ser máis duros do que fomos ata o de agora, sen lugar a dúbidas».

A Xunta reclámalle ao Goberno central que faga unha transición enerxética que non repercuta no emprego.

Alcaldes e traballadores están citados no Ministerio de Industria o próximo 10 de setembro. Din que levarán a Madrid a súa protesta se non lles dan solucións.