Varios colectivos denuncian como “nefasta política forestal” a da Xunta

Foto: Paco Sánchez

Diferentes colectivos e organizacións presentaron un escrito dirixido ás Consellerías do Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda demandando a aplicación “de medidas inmediatas para evitar a degradación dos espazos afectados polos lumes forestais, tal e como recolle a propia lexislación”. Ademais reclaman a dotación do orzamento necesario para levar a cabo “as accións que eviten a erosión, a contaminación dos ecosistemas fluviais e a restauración hidrolóxico-forestal”. Afirman que “as nefastas políticas forestais e para o medio rural das últimas décadas asolan o país cuns lumes que, reiteradamente, se ceban tamén cos espazos protexidos. “Mais isto non é casualidade, senón froito da falta de planificación e coidado dos mesmos”, afirman.