O autobús da compañía Monbus, que procedía de Lugo e iba direcciòn Vigo, precipitouse ao río tras saírse da vía nunha ponte. O suceso produciuse ás 21:19 horas deste sábado na estrada nacional 541, no quilómetro 67,5, ao seu paso pola localidade de Pedre. As informacións apuntan a que había nove persoas no interior. Foron liberados dous dos ocupantes, o condutor, ileso, e unha pasaxeira, rescatados polos Bombeiros. Este luns confirmouse que a maiores había sete falecidos. Traballaron no lugar do accidente a Garda Civil, os bombeiros de Ribadumia, descolgados desde unha ponte con cordas e arneses de seguridade, xunto ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Estrada, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e o 061.
Alfonso Rueda desprazouse ata a localidade de Pedre para comprobar os traballos que realizaban os equipois de rescate tras o acciedente do autocar, asegurou o presidente da Xunta que as cifras aínda precisan de coñecerse con exactitude xa que nas declaracións do condutor aínda caben dúbidas sobre os ocupantes definitivos do vehículo no momento do accidente. Para retirar o autocar do río haberá que agardar asegurou, aos informes técnicos que permitan a actuacións dos guindastres desde a ponte polo peso, ou avaliar outras posibilidades.
ACTUALIZACIÓN:
Remata a busca en Cerdedo-Cotobade coa localización do oitavo membro da pasaxe
En definitiva, sete persoas perderon a vida e outras dúas resultaron feridas a causa do accidente do autobús en Cerdedo-Cotobade.
Así, coa localización do noveno membro da pasaxe, os equipos de emerxencias rematan unha intervención de longas horas e dunha complexidade extrema pola situación na que quedou o vehículo tras caer ao río por unha ponte na N-541, en Pedre.
Para o rescate dos corpos foron necesarios diversos medios e recursos, dependendo da súa situación. Deste xeito, interviñeron GEAS da Garda Civil e axentes especializados nos rescates de altura, e rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca II tras atoparse unha avaría no Pesca I.
Ademais, participaron Bombeiros do Deza, Bombeiros Pontevedra, GES da Estrada, Protección Civil de Cotobade, Grupo de Rescate en Altura e Acuático e GEAS da Garda Civil, Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) cun Posto de Mando Avanzado, albergue e anfibio, Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio de Psicólogos de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.
Cómpre indicar que o 112 Galicia xestionou esta incidencia tras recibir as chamadas de alerta a pasada Noiteboa.