Varios edificios públicos ilumináronse de morado para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer

1 minutes read

Afaber Alzheimer Bergantiños conmemorou este 21 de setembro coa esperanza de que o obxectivo deste ano, o diagnóstico precoz como base para garantizar a calidade de vida das persoas con demencia, sexa unha realidade canto antes, e para que os vinte anos de traballo da asociación que agrupa a doentes e familias de toda a comarca non sexa en van.

A Deputación da Coruña, así como infinidade de concellos, sumáronse este martes aos actos en prol da concienciación sobre o alzheimer. A Organización Mundial da Saúde instaurou nesta data o Día Mundial do Alzheimer, co obxectivo de dar a coñecer a enfermidade, difundir información e acadar o apoio das institucións e organismos públicos e privados, así como da sociedade en xeral. Para evidenciar o seu apoio, varias sedes institucionais ilumináronse esta pasada noite de cor morado, a cor asociada á loita contra esta enfermidade dexenerativa.

Emblemáticos edificios coruñeses, coma a Torre de Hércules ou o Castelo de Santa Cruz, xa se uniron en edicións anteriores a esta iniciativa internacional. Algúns dos lugares máis recoñecidos a nivel mundial, como o Empire State, a Torre Eiffel ou as Cataratas do Niágara, tamén adoitan iluminarse de morado como mostra de apoio aos enfermos e familiares. Segundo a Confederación Española do Alzheimer (CEAFA), máis de 1,2 millóns de persoas sofren esta doenza en España.

Concentración en Carballo.