Varios rapaces da Laracha inícianse na práctica do Golf

Foto.- Cedida.

A inscrición foi gratuíta para os participantes, que disfrutaron do cursillo de tres horas de duración e tamén dun almorzo. En cumprimento das medidas de seguridade, os nenos dividíronse en tres grupos con outros tantos monitores do club

As xornadas de iniciación ao golf e ao surf foron as primeiras das propostas do programa municipal que xa está en marcha cos obxectivos esenciais de facilitar a conciliación das familias con nenos ao seu cargo ofrecendo aos rapaces diversas actividades adaptadas aos diferentes grupos de idade.

No resto das propostas do programa hai prazas dispoñibles e o prazo de inscrición sigue aberto. Trátase dos campamentos multiactivos a realizar no complexo deportivo do campo de fútbol Municipal da Laracha, a xornada multiaventura e Mazaricos, paintball en Cacheiras de Teo, barranquismo no río Almofrei e paddle surf, kaiak e travesías en barco en Caión.