Veciñas do Programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón visitan o Pico Sacro

1 minutes read

Oito veciñas de Boqueixón, que participan no programa de Prevención da Dependencia, tomaron parte nunha recente saída ao Pico Sacro. O alumnado contou coa colaboración de José Piso, párroco de Lestedo, quen guiou a visita de xeito excepcional relatando a historia do Pico Sacro e abordando aspectos xeolóxicos, históricos e lendarios. O tempo acompañou e as veciñas puideron desfrutar das vistas panorámicas dende o cumio, observar unha das covas e atender tamén as explicacións dentro da ermida de San Sebastián, grazas ao párroco da Granxa, Sidonio José Alves de Sousa, quen participou tamén na actividade. Aínda que poida resultar sorprendente, algunhas das participantes nunca estivera no Pico Sacro nin coñecía polo miúdo a súa historia.

Por outra banda, durante este mes de xuño haberá varias visitas guiadas ao Pico Sacro dentro do programa “Un mes e Pico”. Todas elas son de balde, se ben é preciso reservar praza no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?