Veciños e veciñas de Cabana participaron na excursión promovida polo Concello ao Morrazo e Portugal

0 minutes read

Unha segunda expedición de veciños e veciñas de Cabana de Bergantiños participou na excursión promovida polo Concello á comarca do Morrazo e ao norte de Portugal. Debido á gran acollida desta proposta, o goberno local decidiu organizar unha segunda saída, que, ao igual ca primeira, levou ás persoas participantes a visitar as localidades de Bueu, Marín e Valença do Minho. Durante a xornada, tiveron ocasión de coñecer o Museo Massó, en Bueu, e a fortaleza de Valença do Minho, ademais de degustar un menú típico da gastronomía portuguesa.