- De desaparecer La Corona, Venezuela converteríase no primeiro país de Sudamérica en perder un glaciar
O glaciar de La Corona, no pico Humbolt, podería desaparecer nunhas décadas, segundo confirmaron varios científicos ao portal Euronews.
Algúns deles decidiron traballar á marxe da situación política e económica do país para concentrarse en estudar e monitorar a deterioración desta paisaxe. «As temperaturas están a quentarse, a vexetación está a colonizar lentamente, entón estase dando unha carreira entre o quecemento global e a capacidade da vexetación para colonizar zonas altas da cordilleira de Mérida teñen que ser prioridade número uno en canto á conservación», explica Luís Daniel Lambí, ecoloxista do Instituto de Ciencias Ambientais e Ecolóxicas da Universidade dos Andes.
De desaparecer La Corona, Venezuela converteríase no primeiro país de Sudamérica en perder un glaciar. Crese que podería desaparecer en décadas, pero aínda quedan investigadores que loitan por este proxecto, a pesar das duras e malas condicións nas que se atopa o país.
Fonte: Euronews