Programado un corte de auga en varias vías larachesas e na parroquia de Torás para o martes, 8 de xuño

1 minutes read
  • Prevese que o corte de subministro se produza entre as 9:00 e as 17:00 horas

Con motivo das obras de mellora na rede de distribución de auga que se están a realizar na confluencia da Avenida Fisterra coa Avenida de Caión, xunto á Praza do Concello da Laracha, a empresa concesionaria do servizo procederá a un corte do subministro en determinadas rúas do casco urbano da vila e tamén en varios núcleos de poboación da parroquia de Torás. Será o próximo martes, 8 de xuño, e está previsto que dure desde as 9:00 ata as 17:00 horas.

As zonas afectadas son a Avenida de Caión e de Fisterra (nesta última soamente os edificios números pares do 38 ao 46); as rúas Silverio Moreda e Anllóns; e os núcleos de Estramil, A Barreira, O Campo, Vilasuso, Riotorto, Mirón e A Gándara.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza e dos establecementos comerciais afectados ante as molestias que poidan ocasionar as obras.