Viaxes Amarelle FSF, regresa á Primeira RFEF Futsal Feminina

1 minutes read

O equipo do  Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, consegue o ansiado ascenso á Primeira RFEF Futsal Feminina despois de un competido partido contra un  LBTL Futsal Alcantarilla que se puxo por diante na primeira parte; e fixo que as herculinas tivesen que aplicarse para conseguir un merecidísimo regreso á elite do futsal feminino tras unha tempada de matrícula de honra, vencendo por un marcador de 4-2, con goles de Candela Soria (2),  Carlita e  PatriRomaní. Tempada de matrícula de honra o destas xogadoras e corpo técnico; que o loitaron semana tras semana, para chegar a un play-off de ascenso onde houbo que sufrir e sufriuse para conseguir devolver o club á máxima categoría do fútbol sala feminino.