O Director e Subdirectora da oficina de Caixabank de Carballo, Ángel Santos Clavo e Begoña Timiraos Castro, fixeron entrega á Presidenta e Secretaria da Asociación Vieiro, Josefina Rey Baldomir e Mª del Pilar Mata Fernández-Balbuena, na oficina de Caixabank de Carballo, dun donativo por importe de 5.000.- euros da Fundación Bancaria Caixa, unha gran axuda que significa para esta asociación un importante aliciente para poder continuar o seu principal propósito, sustentar os recursos necesarios para atender as numerosas demandas que sobre o tema de condutas adictivas con substancia ou sen substancia (comportamentais) se producen.
A directiva da asociación Vieiro expresa un ano máis o seu agradecemento a Caixabank pola xenerosidade dispensada a través deste apoio económico que vai destinado a programas de prevención de condutas adictivas cuxos/as beneficiarios/as directos/as, son nenos/as, mozos/as e familias, así como para todos aqueles problemas causados polas adiccións.
Accións como as de Caixabank poñen de manifesto a sensibilidade no labor que desenvolven non esquecendo as necesidades que ten a sociedade. As súas achegas son básicas para o desenvolvemento de numerosas demandas sociais derivadas polas condutas adictivas que azoutan á sociedade nestes tempos.