A asociación Vieiro para conmemorar o primeiro “Día Galego sen Tabaco” 2023, que terá lugar o día 31 de Outubro, ten previstas varias actividades co fin de informar e sensibilizar a toda a poboación sobre os riscos e as consecuencias do consumo desta substancia:
1.- Iluminación conxunta das casas dos concellos e/ou monumentos máis representativos de todos os Concellos da Comarca de Bergantiños de cor verde (cor corporativa da asociación Vieiro) durante a noite do martes 31 de outubro.
2.- Distribución de mochilas entre os/as escolares dos centros educativos de educación primaria e escolas unitarias do Concello de Carballo, onde se están impartindo actualmente os programas de prevención da asociación Vieiro, co lema “Por unha vida sá”.
A asociación Vieiro agradece aos Concellos da comarca de Bergantiños a boa disposición e a acollida desta iniciativa de sensibilización e concienciación a través da iluminación das súas fachadas e monumentos máis representativos. Tamén agradece a boa disposición e a colaboración de todos os centros de educación primaria e escolas unitarias do Concello de Carballo.