Vieiro pon en funcionamento o programa “Pais e Nais no Océano Educativo”

1 minutes read

Este programa está destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as.

Está composto por obradoiros impartidos polas psicólogas e educadoras de Vieiro, Lara Rodríguez e Miriam Romero, que buscarán dar as ferramentas axeitadas para saber navegar no océano educativo e que se distribúen do seguinte xeito:

  • “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (Habilidades sociais)
  • “BUSCANDO O NORTE” (Disciplina positiva)
  • “CADA BARCO TEN O SEU TIMÓN” (Normas e límites)
  • “CAPEANDO O TEMPORAL” (Resolución de conflitos)
  • “MAR DE REDES” (Novas tecnoloxías)
  • “MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (Coeducación e igualdade de xénero)

Este programa totalmente gratuíto, poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que o desexen, ademais de os pais e nais a nivel persoal.  

Para a realización destas escolas é imprescindible o compromiso de asistencia ás mesmas, de non ser así o grupo poderá disolverse e/ou reubicar ás/aos asistentes noutras escolas que estean en funcionamento.

Os obradoiros darán comezo no mes de novembro. As sesións terán unha periocidade semanal, quincenal ou mensual segundo preferencia dos participantes e a súa duración será de hora e media.

A inscrición pode facerse na asociación Vieiro, chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a onde pertenzan.