Con motivo do inicio do curso escolar 2023-2024, membros da xunta directiva da asociación Vieiro, reuníronse coas orientadoras dos centros de educación infantil e primaria e do CRA, (Centro Rural Agrupado) de Carballo para ofertar os programas do ámbito educativo co fin de axuntar esforzos na prevención das condutas adictivas dentro do ámbito escolar.
A entidade aproveitou a reunión para lembrar ás responsables dos departamentos de orientación de todos os centros educativos de infantil e primaria e do CRA, os programas da carteira de servizos que dentro do ámbito educativo a asociación Vieiro leva a cabo coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Carballo.
A finalidade destes encontros é por unha banda, fomentar a coordinación entre os centros educativos e a asociación Vieiro, e pola outra, axuntar esforzos na prevención das adicións e outras condutas de risco asociadas. Á súa vez, nestas reunións trasládase información sobre os resultados obtidos durante o pasado curso escolar dos programas levados a cabo por parte da entidade nos que todos os centros do Municipio veñen participando desde hai anos.
Na reunión, que se celebrou na sede da asociación Vieiro, representantes da xunta Directiva da entidade coas orientador dos centros de educación infantil e primaria e do CRA de Carballo. En representación da entidade asistiron, a súa Presidenta, Josefina Rey Baldomir, e a secretaria, María del Pilar Mata Fernández-Balbuena. Por parte dos departamentos de Orientación dos centros de educación infantil e primaria asistiron: Sonia Fuentes Martínez, orientador do CEIP Fogar, Cándida Lema Martínez, orientador dos CEIP Nétoma-Razo e Gándara-Sofán, Ana Martínez Quijada, orientador dos CEIP San Luís Romero e A Cristina, Cristina Baldomir, orientador do CPR Artai, e Teresa Rodriguez Rama, Directora do CRA Ponte da Pedra.
A proposta da programación da Asociación Vieiro foi acollida un ano máis con gran interese por parte de todas as profesionais presentes. Tendo en conta a excelente colaboración que desde hai anos veñen ofrecendo os diferentes centros educativos de Carballo a través dos seus equipos directivos, claustros de profesores/as e Departamentos de Orientación, sen cuxa colaboración e implicación sería imposible levar a cabo os diferentes programas de prevención no ámbito escolar, trasladouse desde a asociación Vieiro o seu agradecemento.