Vigo alega contra a “intromisión” da Xunta na autonomía local no anteproxecto de lei da auga


O Concello presentou alegacións ao borrador do anteproxecto de Lei de mellora do ciclo integral da auga que tramita a Xunta de Galicia, que, en opinión do alcalde, invade ámbitos da autonomía local ao impoñer novos canons e obrigas “que non nos corresponden”. Abel Caballero censurou o propósito autonómico de recadar a costa dos municipios. Así, ademais de manter o pago uniforme de seis euros por familia en concepto de saneamento, cuestionado por Caballero por carecer de retorno para a cidade, o anteproxecto de lei da Xunta incorpora tres canons de nova creación, pola xestións das depuradoras, das redes de colectores e de abastecementos en alta. “En Vigo isto teóricamente non nos debe afectar porque o fai o Concello, pero permaneceremos moi atentos”, avanzou Caballero.