Vigo aproba o Orzamento Municipal máis alto da súa historia

1 minutes read

O Pleno Municipal aprobou de forma definitiva o presuposto do Concello para o vindeiro ano que ascende a 264 millóns de euros, co voto en contra dos grupos da oposición. O alcalde, Abel Caballero, valora como “paso histórico” a validación pola Corporación Municipal do Orzamento Municipal para 2021 ao ser o décimo quinto aprobado de forma definitiva e o “máis alto da historia de Vigo”. O rexedor detallou que os Orzamentos municipais para 2021 teñen menor presión fiscal, recollen unha baixada dos impostos, con débeda cero, con 20 millóns de dedicación á Política Social. Destacou tamén a importancia das bonificacións aplicadas polo Concello a 12.000 actividades comerciais no ano 2020, 5 millóns de euros para aplicar a taxa cero en terrazas, auga e vados non cobrados, polo que son “milleiros de familias” as que ven rebaixados os seus impostos así como o sector hostaleiro que suma “millóns de euros” de bonificacións.