Vigo aproba o proxecto para a humanización de Teixugueiras

1 minutes read

Abel Caballero adiantou que a Xunta de Goberno aprobará a humanización da rúa Teixugueiras en Navia cun importe de 2.679.326 euros, unha transformación da rúa “de altísimo nivel”, en verbas do alcalde.

Os traballos consistirán na retirada do mobiliario existente e demolición de beirarrúas e pavimentos, renovación de colectores e novas redes de saneamento así como pluviais, canalización das redes do alumeado e semáforos, nova pavimentación e beirarrúas con melloras para os peóns, zonas axardinadas, nova sinalización e elementos decorativos. Caballero explicou que a rúa seguirá a ter dous carrís de circulación en cada sentido.

Para o rexedor “a Xunta non fixo en Navia que tiña que facer” e cualificou de “chapuza integral” as obras acometidas fai 20 anos, polo que o goberno local decidiu humanizar esta rúa en dous fases.