Vigo consegue en xullo o seu mellor dato turístico da serie histórica

1 minutes read

Os datos de ocupación hoteleira no mes de xullo de de 2022 son os mellores datos da serie histórica neste mes do ano. Os hoteis da cidade estiveron de media co 84,15% das habitacións cheas, dous puntos por enriba dos datos de 2019 e máis de 10 puntos con respecto ao 2021. A porcentaxe ascende ao 85,2% se temos en conta a media dos fins de semana.

Os turistas están en Vigo unha media de 2,5 días e o turismo nacional segue a ocupar a primeira posición cun 54,1% do total. Os estranxeiros supoñen o 33,37%, sendo os portugueses os que máis se achegan á capital das Rías Baixas. Tamén destacan os visitantes doutros puntos, como os británicos, estadounidenses, alemáns e franceses.