Vigo defenderá a promoción de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade


O alcalde, Abel Caballero, adiantou que a Xunta de Goberno aproba o convenio de colaboración coa Fundación Convention Bureau para dar continuidade á difusión e promoción nas actuacións da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O importe ascende a 250.000 euros. O rexedor manifestou “seguir na difusión e promoción con diferentes accións”. Entre elas, Caballero citou Desafío Audiovisual Illas Cíes, o programa Cíes Talent, Concurso #SientoCíes, cuadernillos temáticos, banners e microsite promocional e a adhesión de Vigo á Spain Film Commision.