Vigo experimentou un crecemento turístico en maio de máis dun 100% respecto a 2021


O turismo creceu no mes de maio máis dun 100% respecto a 2021, segundo avanzou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero. Con 34.347 visitantes e 68.600 pernoctacións, as cifras alcanzan case niveis do ano 2019, o último antes da pandemia. Caballero recalcou a importante recuperación turística que está a experimentar a cidade, cun aumento o mes pasado dun 103% en visitantes e dun 105% en pernoctacións. Rematou avanzando as boas previsións coas que se afronta o verán na cidade.