Vigo financia 15 controladores para velar polo cumprimento da norma sanitaria na hostalería

1 minutes read

A Xunta de Goberno local aprobou unha subvención de 75.000 euros en favor da Federación de Empresarios de Hostalaría da provincia de Pontevedra (FEPROHOS) para o control do grado de cumprimento das medidas hixiénico sanitarias contra a Covid 19 na hostalaría da cidade. A semana que vén asinarase un convenio para cooperar durante 4 meses e medio cos cafés/bares, restaurante e hoteis no cumprimento, mellora e corrección dos protocolos que se deben de seguir, así como obter información sobre a situación do sector.

A Federación será a encargada de contratar 15 persoas que, previa formación, visitarán locais de toda a cidade co obxectivo de asesorar a empresarios e clientes. Finalmente, os establecementos recibirán un recoñecemento de calidade que poderán exhibir nos seus locais de forma que os clientes/usuarios saberán que as instalacións e os seus procedementos son acordes á normativa sanitaria.