Vigo ofrece ceas de Noiteboa ás persoas maiores ou dependentes que vivan soas

1 minutes read

Un ano máis, o Concello de Vigo volverá levar a domicilio a cea de Noiteboa ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e da Teleasistencia que vivan soas. Concretamente, serán 154 os usuarios que recibirán un menú especial “co que queremos trasladarlles o cariño e a felicitación de toda a cidade”, dixo o rexedor, Abel Caballero.

Deste xeito, todas aquelas persoas usuarias destes servizos que vaian cear soas no Nadal recibirán axudas, teñan a idade que teñan. Ademais, tamén recibirán este menú especial os fogares nos que, aínda que os usuarios non vivan sós, os acompañantes presenten unhas condicións de vulnerabilidade (económica ou persoal) similar ao perceptor destas prestacións municipais.

O menú consistirá nos seguintes entrantes: surtido de Ibéricos, surtido de croquetas e quiche de langostinos; de primeiro, a elixir, salpicón de langostino, aguacate e mango ou dúas vieiras gratinadas; de segundo, a elixir, xarrete ou bacalao á vizcaína. Por último, unha tarta de tres chocolates e unha galleta con motivos navideños a modo de sobremesa.

Caballero, tamén deu conta, como xa é habitual, de que o comedor do albergue ofrecerá un menú especial os días 24, 25 e 31 de decembro.