35
Co voto a favor de tódolos grupos municipais agás a abstención do PP, o Pleno Municipal aprobou este mércores a moción socialista na que se demanda ao goberno autonómico dotación orzamentaria para mellorar as PO-325, PO-330 e PO-552. Javier Pardo, edil da área de Fomento, expuxo na defensa da moción a “transformación histórica da cidade grazas á política de humanizacións” realizada polo goberno municipal con máis de 1.000 rúas atendidas. Con todo, apuntou, que este cambio non se acompaña coas mesmas actuacións por parte da Xunta de Galicia nas vías de titularidade autonómica, o que supón “unha clara discriminación na calidade de vida da veciñanza” desa contorna.