Vigo sae a rúa en contra da venda de Povisa

0 minutes read

A mobilización foi convocada polo comité de empresa do hospital e máis a plataforma SOS Sanidade Pública. Queren que a Xunta asuma a xestión de Povisa e recuperar asi para a sanidade pública este hospital ao que están adscritos uns 135.000 pacientes da área sanitaria de Vigo. O grupo Ribera Salud, con capital estadounidense pechou a compra de Povisa a principios deste mes. Sobre esta operación de venda, o Sergas di que a Xunta non tiña ningún dereito de adquisición preferente.